A vivenda incendiada en Santa María presentaba indicios de estar habitada por ocupas
Por Diego Espiño
Un día despois do espectacular incendio rexistrado xunto ao antigo mesón O Cortello, séguese a traballar en esclarecer as causas do suceso, que provocou grande alarma na zona pola proximidade das chamas a outras vivendas e á Basílica de Santa María.
A Policía Científica intenta descubrir a orixe do lume, que se propagou con moita rapidez pola estrutura de madeira do inmoble, que se encontraba abandonado.
O teito cedeu nada máis chegar os bombeiros ao lugar, sen ben os servizos de emerxencia recoñeceron ter encontrado colchóns e roupa no interior do edificio, unha vivenda unifamiliar de dúas plantas.
Este feito, unido ao testemuño dos veciños, apuntan á posibilidade de que a casa estivese habitada por ocupas, aínda que no momento do incendio non houbese ningunha persoa dentro, producíndose unicamente danos materiais.
Durante os traballos de extinción, que se prolongaron dende a media noite ata aproximademente as 5:30 horas, chegáronse a desaloxar por precaución varias vivendas lindantes, que puideron volver sen maior problema ás súas casas pouco despois.
Pola súa banda a rúa Isabel II permaneceu acordoada durante a xornada do domingo, pendente da inspección dos técnicos que determinen que non existe risco de derruba na zona. Esa situación non impediu que moitos curiosos se achegasen ata o lugar para comprobar de primeira man as consecuencias das chamas.
Relacionadas:
-
Tres patrullas mobilízanse para desaloxar o antigo Cortello por risco de derruba
Por María José Pita |
-
Os Bombeiros sufocan un incendio nunha casa ocupada da rúa Ramón Peña
Por Oskar Viéitez |
-
Despréndese o falso teito dunha vivenda no Campiño de Santa María
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O incendio da vivenda de Santa María comezou no vestíbulo e deixou inservible o tellado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A vivenda incendiada en Santa María tiña aberto un expediente urbanístico polo seu estado
Por Redacción |
-
Os bombeiros evitan que un incendio xunto ao "Cortello" afecte a Santa María
Por Diego Torrado | Creada e actualizada