Os Bombeiros sufocan un incendio nunha casa ocupada da rúa Ramón Peña
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra sufocaron un incendio nunha vivenda abandonada da rúa Ramón Peña, fronte ao antigo Sanatorio Marescot.
A chamada de alerta produciuse sobre as catro e media da tarde deste mércores.
Os efectivos do parque pontevedrés evitaron que o lume producido na planta baixa do inmoble se propagase ao resto do edificio. Como medida de precaución mentres actuaban os bombeiros, axentes das Policía Local e Nacional cortaron o tráfico na rúa.
Os veciños da zona aseguraron que na casa atópanse aloxados habitualmente un grupo de okupas.
Relacionadas:
-
RADIO.- Afectado por unha okupación?: "Acuda ao fiscal e que sexa a Fiscalía quen o axude"
Por Marisa Ciordia |
-
O incendio da vivenda de Santa María comezou no vestíbulo e deixou inservible o tellado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A vivenda incendiada en Santa María presentaba indicios de estar habitada por ocupas
Por Diego Espiño |
-
Os bombeiros evitan que as lapas arrasen un edificio na Ferrería
Por Diego Torrado |