Os praceiros de Portonovo plantexan melloras no mercado de abastos
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, xunto aos concelleiros de Comercio e de Economía, mantivo unha reunión coa xunta directiva da asociación de praceiros de Portonovo, presidida por Víctor Rodiño.
Foi unha primeira toma de contacto na que os vendedores da plaza de abastos trasladaron ao grupo de goberno algunhas das cuestións que é necesario mellorar para garantir un mellor funcionamento das instalacións.
Segundo informou o goberno local de Sanxenxo nunha nota de prensa, unha das cuestións plantexadas ten que ver co tótem táctil instalado no seu día pola Deputación no mercado de abastos de Portonovo e que ofrecía aos consumidores a posibilidade de dispor dunha receta diferente cada día, que se podía elaborar con artigos a adquirir nos diferentes postos da Praza. Sen embargo, eran os vendedores os que tiñan que asumir o coste de conexión a internet, o que derivaba nunha factura mensual de 70 euros; o que levou aos comerciantes a prescindir deste servicio, polo que o tótem permanece agora inoperativo.
Os placeiros de Portonovo solicitaron ao Goberno local a xestión dalgún tipo de recurso, que podería ser publicitario, que permita sufragar o coste da wifi de maneira que non supoña desembolso algún para os comerciantes.
A xestión do aparcadoiro exterior é outra das cuestións plantexadas polos placeiros, que requiren maior presencia policial no entorno para disuadir aos "aparcacoches" de establecerse nesta zona. Tamén demandan o cambio de ubicación, ou incluso a supresión, dalgunha das marquesinas próximas, xa que consideran que o seu lugar podería ser sustituido por espacio para o aparcamento.
A demanda de melloras no servizo de limpeza e a instalación de mamparas que separen os postos completan a lista de peticións plantexadas na reunión mantida co goberno local.