Sanxenxo mellora a iluminación no aparcamento da praza de abastos de Portonovo
Por Redacción
Cinco farois novos acaba de instalar o Concello de Sanxenxo no aparcadoiro situado detrás da praza de abastos de Portonovo, onde as existentes estaban deterioradas e sen funcionamento.
O departamento de Servizos reciclou cinco báculos altos depositados no Punto Limpo, procedendo ao seu pintado e reparación de forma que locen un aspecto mellorado.
A concellería que dirixe Maxi González completou estes báculos con outras tantas luminarias de LED de 36 W con custo cero para o Concello, realizando o traballo operarios municipais.
Servizos mellora así a iluminación deste espazo público cunha actuación que non tivo custo para as arcas municipais.