Os traballadores de Diario de Arousa protagonizan unha nova folga e non informarán sobre a xornada electoral
Por Redacción
Os traballadores de Diario de Arousa, xunto ao resto de compañeiros de Editorial La Capital, aproveitaron a xornada electoral deste domingo 20 de decembro para convocar unha nova xornada de folga.
Xornalistas, fotógrafos e demais empregados da cabeceira arousá reclaman "a readmisión dos compañeiros despedidos, o pago das nóminas atrasadas e un plan de pagos" ante a difícil situación que atravesan.
Por iso, e por primeira vez en 15 anos, non informarán sobre as eleccións xerais. Ademais, a folga inclúe outra xornada de paro, o vindeiro martes 22 de decembro, que coincide co sorteo da Lotería de Nadal, ao que tampouco prestarán cobertura informativa.
"Sentimos non estar aí para contarvos o que pase en dúas xornadas tan significativas, pero estaremos a loitar contra o desmantelamento de Diario de Arousa", sinala o comité de empresa nun comunicado.
Na Editorial La Capital inclúense, ademais de Diario de Arousa, medios impresos como El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Deporte Campeón.
Relacionadas:
-
Os traballadores piden o apoio das institucións contra o "desmantelamento" de Diario de Arousa
Por Redacción |
-
Traballadores do Diario de Arousa convocan unha folga indefinida dende o xoves
Por Redacción |
-
Os traballadores de Diario de Arousa afrontan dous días de folga contra despedimentos e impagos
Por Redacción |