A colleita de kiwis do Areeiro repartirase entre entidades sociais
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra fará chegar este Nadal a entidades sociais da provincia a colleita de kiwis da plantación da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. O centro de investigación ten uns tres hectáreas destinadas a este cultivo e a recollida deste ano foi aproximadamente dunha tonelada. A froita repartirase entre 26 entidades e colectivos que a distribuirán á súa vez entre máis de 3.000 usuarios.
Areeiro comezou a súa plantación de kiwis no ano 1984 cando o cultivo se introduciu en Galicia. Dende entón realiza investigacións sobre esta froita, a máis recente trata sobre como combater unha bacteria que está reducindo as producións na provincia, con análises das plantas e das súas xemas.
Estas investigacións de Areeiro son fundamentais para as empresas da provincia, que concentran o 70% da produción galega. En Galicia hai actualmente 400 hectáreas de cultivo de kiwi, cunha colleita anual que chega ás 7.000 toneladas -das 12.000 que se producen en todo o estado-.
A Deputación decidiu que a froita que se produce nas súas plantacións, que cumpre tódalas garantías sanitarias e estándares de calidade, non tivese saída para a venda, senón que fose doada a entidades sen ánimo de lucro. Así se fai tamén con outro tipo de tipos de produtos da finca de Lourizán.
No que vai de ano, de feito, Areeiro tamén repartiu 1.600 quilos de tomate, 200 quilos de feixoas, 60 quilos de peras, 53 quilos de mirabeles ou 15 de pementos, ademais de menores cantidades de limóns ou uvas.
UNIDADES DIDÁCTICAS
Ademáis das doazóns de froita ás entidades sociais, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro tamén cede parte das súas colleitas aos centros educativos da provincia. Así ocorre coas froitas de outono e tamén en primavera, xa que hai unha unidade didáctica específica para que os rapaces coñezan as feixoas, as guaiabas fresa e os kiwiños, que non son moi habituales nas froiterías, e saboreen tamén castañas e noces.
En canto a primaveira e verán trabállase coas plantacións de mirabeles, frambuesas, arándanos, grosellas e amorodos.
Mediante esas unidades didácticas os profesores aprenden aos rapaces as características de cada froito e despois fan unha ficha unha vez teñen probado e coñecido persoalmente a froita.
Este ano repartíronse dende Areeiro 580 quilos de feixoas e 31 de guaiabas fresa e menores cantidades de outras froitas.
Relacionadas:
-
A Deputación insta á Xunta a que cofinancie a Estación Fitopatolóxica de Areeiro
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos repartiu en Pontevedra e comarca uns 200 toneladas de comida durante 2015
Por Redacción |
-
Areeiro estrea coche para os seus traballos de campo
Por Redacción |
-
Aventura, traballo, reinventarse... Unha pontevedresa fai máis sinxelo ir a Nova Zelandia
Por Redacción |
-
Do kiwi aprovéitase todo... ata os restos de poda
Por Redacción |
-
A metade dos kiwis que comen os españois son pontevedreses
Por Oskar Viéitez |