O Banco de Alimentos repartiu en Pontevedra e comarca uns 200 toneladas de comida durante 2015
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu en Pontevedra e comarca uns 200.000 quilos de comida durante 2015, cifra extraída dos case 1,7 millóns de quilos de alimentos contabilizados e entregados en toda a provincia.
Cando se cumpre ano e tres meses desde que comezou a funcionar a sede da ONG na cidade de Pontevedra, na actualidade, uns 25 colectivos sociais reciben alimentos mensualmente chegando, á súa vez, a preto de 2.700 persoas con dificultades residentes en localidades como Marín, Poio, Ponte Caldelas, Caldas de Reis, Sanxenxo ou Vilagarcía.
Por outra banda e coincidindo no tempo, voluntarios da entidade finalizaron días atrás os labores de clasificación dos 80.000 quilos de alimentos procedentes da Gran Recollida Solidaria, desenvolvida o pasado mes de novembro.
Entre os produtos recibidos e que xa comezaron a entregarse desde o almacén situado na rúa Faustino Santalices, destacan os 19.000 litros de leite, os 10.000 quilos de arroz, os 13.000 quilos de pasta, os 5.000 quilos de aceite e os 2.000 quilos de conservas vexetais.
O Banco de Alimentos quere agradecer de novo a resposta da cidadanía e tamén a xenerosidade e o bo facer da decena de voluntarios que, durante os meses de decembro e xaneiro, axudaron en Pontevedra ás devanditas tarefas de selección e ordenación da comida doada.
A ONG, creada hai agora 20 anos en Vigo, axuda na actualidade a uns 150 colectivos sociais, a través dos cales, chega a unhas 25.000 persoas en toda a provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Sociedade Musical de Sanxenxo doa 200 quilos de alimentos
Por Redacción |
-
A colleita de kiwis do Areeiro repartirase entre entidades sociais
Por Redacción |
-
A solidariedade dos pontevedreses supera as previsións do Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
Alimentos para 25.000 pontevedreses ata a próxima primavera
Por Redacción |