A Mostra da Parodia toma o relevo na rúa da recreación da Botica
Por Redacción
A Mostra da Parodia tomará o venres o relevo na rúa da recreación da Botica de don Perfecto Feijóo
A Mostra da Parodia chega esta ano a súa vinte e unha edición con seis agrupacións listas para seducir a un público errante que terá que rular de escenario en escenario para gozar das actuacións que comezarán ás once da noite.
Seis grupos teñen previsto presentar as súas parodias nas seguintes localizacións: Vamos a Todo. Tu cara no me suena, na praza de Ourense; Amoriños de Bora, na praza Peregrina; Os das Pistas (diante Casa Alcalde); Os de Sempre. Churrería clandestina, na praza Curros Enríquez; Equipo Ja, na rúa Benito Corbal (diante do estanco) e Os Frojeiras de Sanxenxo. Vaite con vento fresco, na praza da Ferrería.
As parodias repetiranse tantas veces como consideren os grupos ou a demanda do público. Será as dúas de madrugada cando se entreguen os premios.
Relacionadas:
-
Os nenos da Escola Infantil do Campus despiden ao Loro Ravachol
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Catro novas murgas sacan punta á actualidade no Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ravachol o "negociador" quere pactar o traslado de ENCE
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A tripulación da Burla Negra conquistará o centro histórico na noite deste martes
Por Redacción |