Dúas mil familias pontevedresas formarán parte dunha experiencia piloto de compostaxe
Por Oskar Viéitez
A Deputación pretende poñer en marcha unha experiencia piloto con dúas mil familias pontevedresas residentes en vivendas unifamiliares con horta para animarlles a tratar os seus residuos orgánicos nas súas vivendas.
A institución provincial adquirirá composteiros para repartir entre a poboación interesada en tratar o seu lixo doméstico, que unha vez convertido en compost pode utilizarse como fertilizante nas súas hortas.
O obxectivo é comprobar cal é a viabilidade futura desta fórmula para poder implantarla en toda a provincia, tal e como propón o BNG no marco do Plan provincial de recolleita de residuos.
O grupo de goberno da Deputación anda con pés de plomo neste asunto para non romper a boa sintonía que manteñen populares e nacionalistas na posta en marcha dun consorcio provincial de lixos.
O principal escollo xurdiu coa aposta clara do BNG polo compostaxe. Os populares esgrimen unha ampla diferenza económica entre a proposta do Concello de Pontevedra que segundo os seus informes técnicos calculan que ascenderá a 5,7 millóns de euros.
"Os cálculos dos nosos técnicos apuntan a case o dobre", sinala Rafael Louzán, o presidente da Deputación, agradecendo de antemán a colaboración do BNG á vez que criticaba a falta de apoio dos socialistas.
Outras diferencias dos citados estudos derivan da capacidade de fracción orgánica (o Concello fala de 20.000 toneladas/ano e a Deputación de entre 10.000 e 14.000 si o rango de separación está entre o 20 e o 25%), e da venta do compost que o Concello dí que podería venderse entre 15 e 30 euros por tonelada e a Deputación, baseándose nos datos da planta de Lousame, sinala que se está a vender a 1 euro por tonelada a granel.
Relacionadas:
-
Adega resolve dúbidas en Mourente sobre a campaña de compostaxe doméstica
Por Redacción |
-
Xa están en marcha os composteiros de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Marcón, Bora e Mourente participarán no plan de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra propón unha planta provincial de compostaxe de 5,7 millóns
Por Oskar Viéitez |
-
"O compost xenera problemas e nos temos que xenerar solucións"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Pontevedra propón á Deputación un servizo provincial de compostaxe
Por Oskar Viéitez |