Barro, Marín, Moraña, O Grove e Vilaboa avanzan na execución do Plan Concellos
Por Redacción
Case un millón de euros máis ven de aprobar a Deputación de Pontevedra para o denominado Plan Concellos, a liña de axudas para os municipios da provincia do que desta volta veranse beneficiados nove concellos. Entre eles, hai novas partidas para Barro, Marín, O Grove, Moraña e Vilaboa.
Barro recibirá 62.653,16 euros para a mellora dos accesos á fonte de Curro e Porráns, e con esta nova achega, a Deputación leva aprobado o 87,4% do total destinado ao municipio no marco do plan.
Así mesmo, O Grove beneficiarase de 67.587,96 euros para o proxecto técnico do Auditorio e a Escola de Música, cun grao de execución así do 43,5%.
No caso de Marín destinaranse 176.675,79 euros para a reposición de pavimentos en camiños do rural, co que a achega do Plan Concellos ata agora queda no 37,5%.
En Moraña investiranse 124.398,09 euros na senda peonil da Alberguería a Santa Margarita e con esta achega complétase o 100% de execución do plan neste municipio.
E por último, en Vilaboa vanse investir 60.499,99 euros na reparación de fochancas en pistas municipais e o aprobado ata agora é do 58,6%.
No que vai de ano, o goberno provincial leva destinados 11.528.926,64 euros a investimentos nos concellos da provincia dentro da liña 1 do Plan Concellos 2016, case a metade de todos os cartos previstos para este ano.
Relacionadas:
-
Unha senda peonil resolverá os problemas de seguridade viaria na contorna da igrexa de Figueirido
Por Redacción |
-
O Plan Concellos destinará case 800.000 euros a O Grove no 2017
Por Redacción |
-
O Grove destinará máis de 400.000 euros da Deputación ao seu futuro auditorio e escola de música
Por Redacción |
-
150.000 euros da Deputación para reconstruír a ponte e urbanizar a rúa Zapal en Marín
Por Redacción |
-
Cuntis, A Illa e Vilagarcía reciben axudas da Deputación para actividades sociais
Por Redacción |
-
O goberno da Deputación aproba achegas para A Illa de Arousa, Sanxenxo e Moraña
Por Redacción |
-
Bueu, Moraña, Portas, Ribadumia e Campo Lameiro reciben novas axudas da Deputación
Por Alejandro Espiño |