As eleccións galegas, o 25 de setembro
Por Alejandro Espiño
Alberto Núñez Feijóo resolveu a incógnita. As eleccións galegas celebraranse finalmente o domingo 25 de setembro. Adiántanse, igual que os comicios vascos, ante a posibilidade de que en novembro os españois debamos volver ás urnas por terceira vez en menos dun ano pola falta de acordo para a investidura.
Galicia é seria e responsable desde o primeiro día ata a convocatoria electoral. Que o siga sendo tamén na próxima lexislatura #Galicia25S
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 1 de agosto de 2016
Unha vez anunciada a data electoral, o Diario Oficial de Galicia publicará este martes 2 de agosto o decreto de disolución do parlamento autonómico e a convocatoria oficial das eleccións, as décimas desde que se reinstauró a democracia en España.
Os partidos poderán presentar as súas candidaturas ata o 22 de agosto. A campaña electoral comezará o 9 de setembro.
Na provincia de Pontevedra elixiremos 22 deputados nestas eleccións autonómicas.
Por agora, só PP, PSdeG-PSOE e BNG elixiron aos seus respectivos candidatos á presidencia. Serán Alberto Núñez Feijóo, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ana Pontón respectivamente.
As candidaturas por Pontevedra só teñen un cabeza de lista confirmado. É o caso do BNG con Luís Bará, concelleiro na capital, á fronte. En todo caso, espérase que populares e socialistas repitan o candidato que os liderou hai catro anos, o propio Núñez Feijóo e o deputado vigués Abel Losada.
Por agora, nin En Marea -pendente de se Podemos intégrase nesta coalición ou se presenta por separado- nin Cidadáns decidiron os nomes dos seus candidatos a estas eleccións galegas.
Relacionadas:
-
En Marea presenta en Pontevedra unha candidatura que "vai gobernar para a cidadanía" fronte a un Feijóo "de cartón pedra"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Colectivos feministas lanzan unha advertencia aos partidos políticos ante o 25-S: "Se non conto, non voto"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Luís Bará defende a "solvencia" do BNG ante o 25-S: "Non é tempo de improvisación nin de experimentos"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Xunta ratifica o cesamento de Cores Tourís
Por Redacción |
-
O PP cre que o futuro de Lores quedará vencellado aos resultados que obteña Bará nas autonómicas
Por Redacción |
-
Ana Pontón critica a peaxe da AP-9 e a prórroga de Ence para pedir o voto na presentación do BNG por Pontevedra
Por Redacción |
-
Ana Pontón, en Poio: "Galicia non necesita un goberno en fuga como tivemos este sete anos"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O PSOE pontevedrés propón a Abel Losada como candidato e deixa fóra a Patricia Vilán
Por Alejandro Espiño |
-
Luis Bará, ratificado como candidato do BNG por Pontevedra para as eleccións galegas
Por Alejandro Espiño |