Expresión artística para previr condutas aditivas
Por Redacción
Este martes 30 de agosto o Teatro Principal de Pontevedra acollerá a clausura do obradoiro de prevención de condutas aditivas a través da expresión artístico-musical organizado pola Concellaría de Benestar Social, a Fundación Secretariado Xitano e a Consellería de Sanidade.
A actividade, dirixida a adolescentes xitanos, tivo dous meses de duración. Entre xullo e agosto, os participantes coñeceron e traballaron alternativas saudables de lecer fomentando o traballo en grupo, a responsabilidade, o compromiso e a participación social previndo condutas de risco ás que están expostos todos os mozos da sociedade actual.
A expresión artístico-musical foi a canle utilizada para lograr estes obxectivos e os responsables de impartir o obradoiro, Gonzalo Maceira e Violeta Mosquera, entre outros. Todo ese traballo poderá visionarse nun video este martes e o resultado final amosarase a través de diferentes actuacións musicais.
O obradoiro de música en colaboración co Secretariado Xitano foi unha das accións de verán programadas polo departamento municipal de Prevención de Condutas Aditivas co fin de incorporar novos colectivos á loita contra as adiccións xa que o seu traballo céntrase durante o resto do ano na poboación escolar.
Relacionadas:
-
Oitenta carteis feitos por rapaces alertan dos perigos das condutas aditivas
Por Redacción |
-
O 7,3% dos adolescentes pontevedreses apostan en xogos online
Por Natalia Puga |
-
Comezan os obradoiros de prevención de condutas aditivas nos institutos
Por Redacción |
-
Un curso forma a mozos como mediadores en prevención de condutas aditivas
Por Redacción |
-
Un concurso de fotografía e curtametraxes premiará ideas para previr condutas adictivas
Por Redacción |
-
Un estudo municipal busca determinar se os mozos pontevedreses son adictos ao móbil e á Internet
Por Alejandro Espiño |