'Ponteverán', lecer e formación para 600 persoas
Por Redacción
Rematado o verán, toca facer balence. O Concello de Pontevedra indica que Ponteverán, o programa lúdico e educativo que deseña e oferta a Concellería de Xuventude para os meses de xullo e agosto, acadou o seu obxectivo neste ano 2016, que os participantes gozaran .
Ponteverán 2016 ofertou un total de 758 prazas para as distintas propostas estivais, das que ao final gozaron 588 persoas. Iso si. o número de solicitudes feitas superara no global o número de prazas. O 58,5% dos participantes foron homes e o 41,49% restante, mulleres.
Segundo indicou o Concello, tanto os participantes como as familias amosaron nas enquisas de avaliación a súa alta satisfacción polo desenvolvemento das actividades de Ponteverán. Tamén monitores e organizadores valoraron actividade por actividade co fin de pulsar a súa aceptación, corrixir posibles erros e facer suxestións de cara a outras edicións.
O programa incluía campamentos e actividades de tempo libre, obradoiros culturais, deportivos e no medio natural e actividades formativas. O obradoiro 'Un verán para fedellar: rompe, crea e inventa... pero faino ti' foi o que tivo mellor acollida e as solicitudes dobraron o número de prazas.
Tamén tiveron unha ampla acollida ás actividades nas que podían participar as familias como a Xornada de Orientación ou a Noite Europea dos Morcegos. As actividades deportivas tiveron de novo un gran seguimento o que non impediu que, un ano máis, o Torneo de Fútbol 7 só mobilizara a mozos varóns.
Todas as actividades desenvolvidas en Ponteverán están baseadas en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e o deporte.