Ventresca á provenzal, unha nova receita gourmet de Conservas Pescamar
A ventresca de bonito do norte en aceite de oliva é a protagonista desta segunda entrega de "A cociña gourmet en conserva", unha selección de receitas sinxelas e exquisitas, grazas á calidade das Conservas PESCAMAR.
A parte do bonito do norte máis exquisita e valorada pola alta cociña é a ventresca. PESCAMAR achégaa a todos os fogares a través da súa gama gourmet. A presentación en conserva favorece a preservación dos seus altos valores nutricionais e delicado sabor.
Recibe o seu nome ao acharse situada na zona do ventre do bonito, onde se concentran proteínas de alto valor biolóxico e ácidos graxos idóneos para reducir os riscos de enfermidades cardiovasculares.
A preparación á provenzal é un estilo de cociña mediterránea baseado en tres ingredientes tradicionais: allo, aceite de oliva e tomate. Esta salsa provenzal admite diferentes variacións, a máis habitual con perexil picado ou albáfega.
Para preparar unha deliciosa ventresca de bonito do norte gourmet de PESCAMAR á provenzal, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 250 gramos de cebola
- 2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
- 1 vaso de viño branco
- 1 vaso de caldo ou auga
- 1 tomate seco
- 1 cullerada sopeira de fariña
- 2 latas de ventresca de bonito do norte gourmet de PESCAMAR
- 1 dente de allo, sal e pementa
- 1 folla de loureiro, paprica e pan relado
Preparación:
Picar a cebola moi fina e dourar nunha tixola coas dúas culleradas de aceite de oliva. Engadir o allo machucado previamente e o loureiro.
Espolvorear con fariña e remover ben evitando que se formen grumos. Incorporar o viño, o caldo (ou auga), o sal, a pementa, a paprica e o tomate seco.
Cocer a lume lento, removendo, sen deixar espesar. Nunha fonte para forno, poñer as dúas latas de ventresca de atún gourmet PESCAMAR e engadir o aceite da conserva.
Verter a salsa sobre o atún. Espolvorear abundantemente con pan relado.
Deixar no forno 10 minutos aproximadamente.
Pódese presentar a ventresca en filetes ou cortada en anacos e acompañala dun arroz en branco ou unhas patacas panadeira.
As conservas gourmet ofrécennos unha ampla variedade de posibilidades que vos seguiremos ofrecendo en próximas entregas de "A cociña gourmet en conserva", con Conservas PESCAMAR.
Relacionadas:
-
Os alumnos do Carlos Oroza reinventan a escalivada catalá con ventrechas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Paella de arroz negro con luras en tinta Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Conservas Pescamar e Gastroteca Kamal cociñan unha lasaña triscante de ventresca con berberechos
Por Noticia patrocinada |
-
Bonito do Norte Pescamar con cama de hortalizas e o toque da Casa de las 5 Puertas
Por Noticia patrocinada |
-
Caldeirada de polbo ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Salteado hortense con cabala ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Ventresca en verde ao estilo de Conservas Pescamar e Meigas Fóra
Por Noticia patrocinada |
-
Berberechos en verde ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Atún "mirotón" ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Espaguetes á mariñeira ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Tomates recheos de atún claro ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Fabas con berberechos ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
"Sardinillas" con pementos, unha nova proposta gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Arroz con mexillóns, unha receita gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |