Os alumnos do Carlos Oroza reinventan a escalivada catalá con ventrechas Pescamar
"A cociña gourmet en conserva" regresa ás aulas do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Alumnos e profesores únense para acometer o reto de reinventar un prato tradicional, no que as Conservas Pescamar toman protagonismo. A continuación, poderemos comprobar como son quen de superar esta proba con nota.
O produto Pescamar elixido é a lata gourmet de ventrecha de bonito do norte. A súa exquisita textura fúndese coas delicias da horta que compoñen a escalivada, a tradicional ensalada orixinaria de Cataluña, a base de verduras asadas e cortadas en tiras, principalmente pementos, berenxenas e cebolas.
Para preparar unha deliciosa Escalivada catalá con ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar, os futuros chefs do Carlos Oroza propóñennos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de ventrecha de bonito do norte gourmet de Conservas Pescamar
- Cebola (500 grs)
- Berenxena (500 grs)
- 1 pemento
- 1 cabeza de allo
- 1 dl. de aceite de oliva virxe extra
- 1 ramallete de pirixel
- Rúcula (varias follas)
- Sal e pementa
Elaboración:
Asamos no forno a 180 graos as hortalizas sen pelar durante 35-40 minutos, tendo en conta que haberá que estar pendente dos pementos, que se cociñan antes. Deixamos arrefriar 15 minutos.
Pelamos todo e reservamos o zume que vaia soltando. Cortamos en tiras grosas.
Machucamos os allos co pirixel, o sal e a pementa.
Engadimos o zume do asado e o aceite de oliva virxe extra.
Aderezamos a ensalada co machucado.
Empratamos coa ventrecha de bonito do norte gourmet de Conservas Pescamar de xeito harmonioso.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar e, nun mes, coa proposta dos alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.
Relacionadas:
-
Ovos recheos de paté de atún Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Tortilla xaponesa con luras en salsa americana Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Paquetiños de repolo con bacallau Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
'Xantar quilómetro cero' no Carlos Oroza para degustar a súa horta e produtos de proximidade
Por Redacción |
-
Paquetiños de cabaciña con ventrecha Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Canas de mar con maionesa de queixo fresco, ventresca Pescamar e marmelada de pemento
Por Noticia patrocinada |
-
Ventrecha en aceite de oliva, brotes da "Horta Oroza" e vinagreta de cítricos e mostaza
Por Noticia patrocinada |
-
Xoubas Pescamar con aceite de brasa, pementos de Padrón e pan de millo
Por Noticia patrocinada |
-
Zamburiñas gourmet Pescamar aos queixos galegos
Por Noticia patrocinada |
-
Lasaña con filetes de xarda Pescamar e queixo de cabra
Por Noticia patrocinada |
-
Ensalada "Horta Oroza" con trío de conservas gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Os alumnos do Carlos Oroza cociñan unha orixinal Burguer de mexillóns gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanadillas de bonito ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Ventresca á provenzal, unha nova receita gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |