O PP invita o BNG a negociar os orzamentos coa condición de baixar os impostos
Por Redacción
Jacobo Moreira, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, realizou este mércores 19 unha proposta para que o goberno local negocie os orzamento de 2017. O representante dos populares sinalou que é necesario que se elaboren uns orzamentos realistas e que se cumpran.
Moreira afirma que o último orzamento foi un "curta e pega" do anterior, para despois acometer modificacións pola porta de atrás.
O grupo municipal popular establece tres condiciones para iniciar as negociacións. O primeiro punto é a rebaixa dos impostos e das taxas. Os populares afirman que os concellos galegos ingresan agora 200 millóns de euros máis que desde que comezou á crise e pregúntanse onde están os 6,8 millóns de euros extra que, desde o ano 2008, ten o Concello de Pontevedra. Segundo apuntan, ese diñeiro destinouse a gastos correntes.
En segundo lugar, Jacobo Moreira reclama a devolución do diñeiro recadado irregularmente, segundo o PP, aos veciños do rural con motivo da instalación da rede de sumidoiros. Piden que a devolución sexa con carácter retroactivo e con intereses. Ademais de solicitar unha redución dos 100 metros establecidos actualmente para a conexión á rede de saneamento.
Ademais, os populares queren que os orzamentos sexan participativos e afirma que é necesario que se reduza a débeda municipal pero con planificación. Acusa ao BNG de lograr o último superávit orzamentario por unha modificación de crédito de dous millóns de euros que foi aprobada a mediados de ano sen que despois o goberno local fose capaz de gastar.
Relacionadas:
-
Os veciños tamén poderán facer achegas ao orzamento municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Máis investimentos e menos gastos nun orzamento que crecerá ata os 72,8 millóns en 2017
Por Alejandro Espiño |
-
Lores rexeita a oferta do PP para negociar os orzamentos: "É un brinde ao sol"
Por Alejandro Espiño |
-
En 15 días o goberno local de Pontevedra presentará o borrador dos orzamentos para 2017
Por Oskar Viéitez |
-
O presuposto municipal para 2017, pendente dunha carta de Montoro
Por Alejandro Espiño |