Chipear aos cans para combater o abandono
Por Diego Espiño
A campaña "Yes we can" que promove o Concello de Pontevedra inicia a súa primeira fase incidindo na necesidade de implantar o microchip de identificación nos cans, unha medida que é obrigatoria realizar nos tres primeiros meses de vida do animal, como recorda un dos responsables da iniciativa, Miguel Filgueira, que incide ademais na necesidade de ampliar o control ao rural, "o problema témonolo no rural , non hai costume e unha das misións do Concello é que haxa control de todos os animais".
Os interesados en implantar o microchip poderán facelo a un prezo reducido de 25 euros a través da campaña, que se encontra en fase de preinscrición, e que busca rebaixar o índice de abandono nos animais de compañía, "iníciase o 15 de marzo co obxectivo xeral de reducir o número xeral de abandono de cans, que segue a ser a nos principal batalla. Mellorouse na recollida de excrementos e no maltratao pero nos abandonos seguimos estando desbordados, a xente non ten escrúpulos".
A multa por non cumprir correctamente coa identificación da mascota pode ascenser ata os 300 euros e coa campaña, como recorda Filgueira, intensificarase o control, "contémplase unha sanción por parte da policía pero non queremos que sea represivo total. Haberá un control máis exhaustivo, si se ve que non teñen microchip darase un prazo para que o poñan".
Todas as persoas que queiran informarse poden chamar ao teléfono municipal do servizo de medio ambiente, o 986100185, extensión 7583.