450 metros cadrados de fantasía para toda a familia en Pontexogos
Por Mónica Patxot
A carpa de Pontexogos xa se atopa aberta na praza de España para que os máis pequenos de Pontevedra descubran un mundo de imaxinación durante as festas do Nadal mentres os seus pais aproveitan para realizar compras pola cidade.
Nesta edición, a proposta diríxese a toda a familia con actividades de lecer dinamizadas pola empresa Marexada que, a través do conto Que pode saír mal? convida os visitantes a coñecer o mundo do personaxe tradicional do Apalpador acompañado de Befana, Papa Noel, os Reis Magos e outros coñecidos protagonistas.
Na carpa de 450 metros cadrados ofrécense xogos sorprendentes e unha ludoteca. No exterior unha tirolina e xogos tradicionais converteranse en todo un reclamo para os que se acheguen ata o 3 de xaneiro pola contorna da Alameda.
Ata que os escolares comecen as vacacións, a carpa só permanecerá aberta durante as tardes. Cando comecen as vacacións do Nadal nos colexios, as actividades desenvolveranse entre as 12 e as 14.30 horas e entre as 16.30 e as 20.00 horas, salvo os días de Nadal e de Aninovo.
Relacionadas:
-
Últimos días para poder visitar PonteNadal na praza do Teucro
Por Redacción |
-
Educación e a Fanpa colaboran nunha ampla oferta de actividades extraescolares para os vindeiros días
Por Redacción |
-
Agasallos orixinais e artesanías, xa en 'Pontenadal'
Por Mónica Patxot |
-
Agora si, xa está aquí o Nadal: chegan Pontexogos e Pontenadal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |