Pontevedra acollerá un congreso escolar sobre compostaxe
Por Oskar Viéitez
A cidade de Pontevedra acollerá un congreso escolar sobre a compostaxe, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) é o promotor desta iniciativa que esta auspiciada pola Deputación no marco do convenio subscrito entre ambas as entidades.
O vicepresidente da Administración provincial, César Mosquera, e o director xerente do Ceida, Carlos Vales, asinaron este xoves a adenda a este convenio que de maneira xenérica promove a posta en marcha dunha serie de actividades para concienciar á comunidade educativa do problema dos residuos para conseguir un cambio de actitudes e de responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
O obxectivo é procurar o compromiso persoal para a redución dos mesmos co uso dos compostadores comunitarios. Para iso os membros de Ceida traballarán coas comunidades educativas, centrándose nos ciclos de primaria e secundaria dos centros educativos das zonas onde haxa compostadores comunitarios.
O programa inclúe charlas, unha exposición itinerante e a repartición de material divulgativo para que os alumnos coñezan o funcionamento da compostaxe e os seus resultados, así como accións formativas e de asesoramento dirixidas ao profesorado, ademais da celebración dun congreso escolar na cidade de Pontevedra para o que aínda non hai data.
Relacionadas:
-
Os rapaces na escola andan a voltas coa compostaxe
Por Redacción |
-
RADIO.- Reciclamos e compostamos por beneficio ou por conciencia?
Por Marisa Ciordia |
-
O Concello estuda "premiar" os barrios que mellor reciclen cunha rebaixa no recibo do lixo
Por Alejandro Espiño |
-
Concienciar os nenos da provincia dos beneficios de compostaxe, novo obxectivo da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Os comedores escolares súmanse á reciclaxe