A xira promocional da Festa da Troita polas parroquias contará con 25 paradas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas pechou o calendario das degustacións de promoción da LI Festa da Troita, que supoñen un total de 25 paradas no rural do municipio.
Esta xira promocional terá a súa primeira cita o 2 de maio na Reigosa e concluirá o día 26, xusto a tempo para a celebración da gran festa gastronómica, prevista para a última fin de semana do mes, os días 27 e 28 de maio.
Será o segundo ano no que se realicen degustacións previas, coa previsión de consumir ata 1.500 racións a un prezo que se manterá nos 3 euros.
A iniciativa xurdiu polo 50 aniversario da celebración gastronómica "pero démonos conta de que era unha fórmula para compartir a marca Ponte Caldelas con todos os nosos veciños e, ao mesmo tempo, unha oportunidade de convivencia non só entre a xente, senón tamén entre eles e este goberno municipal", recoñece o alcalde, Andrés Díaz.
Tras a degustación do 2 de maio na Reigosa a programación continuará na seguinte orde: A Insua, día 3; A Roca, 4; Taboadelo, 5; Forzáns, 6; Anceu, 7; Barbudo, 8; Esfarrapada, 9; Laxoso, 10; Parada, 11; Cuñas, 12; Silvoso, 13; Baltar,14; Tourón, 15; Chaín, 16; Paradela e Gradín, 17; Pazos, 18; Vilarchán, 19; A Fraga e Caritel, 20; Buchabad, 21; Mirón, 22; Rebordelo e Coveliño, 23; Contixe,24, Regodobargo, 25 e Xustáns, 26.
Relacionadas:
-
A Festa da Troita serviu 6.500 racións durante todo o mes, 3.000 esta fin de semana
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas quenta motores para a Festa da Troita e degusta mil racións nas parroquias
Por Redacción |
-
Un pescador captura unha troita de tres quilos no río Verdugo
Por Redacción |
-
Unha concentración cabalar preludiará a Festa da Troita
Por Redacción |
-
As primeiras 500 tapas da Festa da Troita terán pincho de balde
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa da Troita xa ten cartel para a súa 51 edición
Por Redacción |
-
Comeza a exposición dos traballos finalistas do concurso de carteis e fotografías da Festa da Troita
Por Redacción |
-
A troita volverá ir de xira por todas as parroquias de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Nova data para a BTTroita, que terá continuidade cunha cuarta edición
Por Redacción |
-
A Festa da Troita busca o seu cartel para este ano
Por Redacción |