Mosquera reta á Xunta: "Se queren que Pontevedra teña PXOM que o fagan eles"
Por Alejandro Espiño
O Concello de Pontevedra "baixo ningún concepto" aprobará o PXOM coas directrices que marca a Xunta de Galicia. Así o reiterou este venres o concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera. "Non imos a poñer Ence como zona industrial, non imos destrozar Monte Carrasco para que sexa urbanizable e non imos reducir a edificabilidade", dixo, entre outras cousas para xustificar a postura municipal.
E que pasará entón co PXOM? No goberno municipal, téñeno claro. "Se a Xunta queren que Pontevedra teña PXOM, que o fagan eles". ÿ o reto que lanza César Mosquera. Recorda que a lei do solo de Galicia, vixente desde 2002, facendo uso do artigo 81, permite ao goberno galego asumir a tramitación dun PXOM municipal "s un concello non cumpre este requerimento ou paraliza inxustificadamente a súa tramitación".
"Que o fagan eles, así nos aforran o traballo e non perdemos tempo", ironizou Mosquera, que engadiu un aviso a esta afirmación. "Se o aproban coas súas directrices, acataremos o plan, pero que sexan eles os que o expliquen á cidadanía". E é que segundo o edil nacionalista, o PXOM que quere a Xunta "suporía cargarse o modelo urbano de Pontevedra", un modelo, dixo, "radicalmente diferente" aos recolleidos nos plans doutras grandes cidades.
Esa será a resposta que trasladará o Concello de Pontevedra á Xunta de Galicia se esta cumpre o contido da proposición non de lei aprobada este xoves no Parlamento, que instaba á Xunta a dialogar co goberno municipal para axilizar o PXOM pontevedrés. Ante esta proposición "peregrina", César Mosquera afirmou que no Concello "non temos nada que dialogar", xa que "non aceptaremos as directrices da Xunta".
En canto á votación desta proposición, Mosquera afirmou que o resultado "non nos sorprende", ao entender que o PP "só busca parar o noso modelo urbanístico". Aínda que criticou a Alternativa Galega de Esquerdas, que votou a favor, "porque aquí en Pontevedra nos felicítan" e ao PSdeG-PSOE por absterse, dos que desvelou que inicialmente ían apoiar esta iniciativa, aínda que os xustificou dicindo que "a dinámica parlamentaria non sempre coincide cos intereses municipais"
Relacionadas:
-
O PP ofrece un "cheque en blanco" para aprobar o PXOM e Mosquera cualifícao de "brindis ao sol"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP afirma que Mosquera está metido "nunha espiral de mentiras descaradas"
Por Redacción |
-
AGE únese ao PP para esixir axilidade no PXOM de Pontevedra, o PSdeG-PSOE abstense
Por Redacción |