150.000 euros para mellorar accesos en Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas ten previsto acometer obras nunha ducia de lugares do municipio coa intención de mellorar os accesos a zona poboadas do municipio. O goberno local adxudicou un contrato de preto de 150.000 euros para cambiar o estado de viarios da rede municipal de estradas.
As obras adxudicáronse á empresa Caldevergazo, que presentou a mellor oferta das once presentadas. Nesta licitación priorizouse os accesos a vivendas en diversas parroquias e tamén a finalización da estrada de Barbudo, que dá acceso ao encoro das Eiras e que xa quedara parcilamente renovada durante 2016.
Agora está previsto que se asfalte case un quilómetro e medio máis co obxectivo de mellorar unha carrretera que conforma unha das saídas naturais do municipio cara Fornelos de Montes e cara os centros de traballo situados na área de Porriño e Vigo.
O obxectivo, segundo o alcalde Andrés Díaz, é asfaltar o maior número posible de accesos a vivendas. Desta forma, garantirase a realización de obras en camiños de Caritel, Avecil, Rebordelo, A Reigosa e outros dous camiños na Fraga.
Tamén se acometerá a mellora do firme no acceso a Coveliño, na estrada ao Verdugo desde Parada, ademais do da estrada de Barbudo. Tamén se executará unha nova senda peonil en Rebordelo.