Cheo no baile de gala do Liceo Casino, con máis de 4.000 asistentes e 27 "debutantes"
Por Redacción & Cristina Saiz
A cea-baile de gala da Peregrina, que organiza o Liceo Casino de Pontevedra, volveu superar as súas expectativas. Máis de 4.000 persoas encheron de cor o recinto da Caeira, na noite deste sábado. Mesmo se habilitou unha zona extra no interior do chalé social para poder ampliar a capacidade de comensais. A asistencia do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, despois de cinco anos de ausencia, colleu por sorpresa a moitos asistentes.
Este ano tamén confirmou a tendencia á alza no número de "debutantes", xa que realizaron a súa "posta de longo" un total de 27 mozas, 10 máis con respecto á edición de 2016: Natalia Baroja Basilio, Lucía Bermúdez Gálvez, Paula Castro Calvo, Carlota Corredoira Sierra, Beatriz Fernández Iglesias, Raquel Formigo Jiménez, Irene Gago Couceiro, Carmen Gallego Calvar, Rocío García-Pombo Novás, Reyes Gómez Sánchez, Helena Gómez Villanueva, Stella González Enríquez, Marta López Abalo, Cristina Martínez Baltar, Ana Martínez Olego, Clara Medina Lorente, Nuria Messina Conde, Loreto Núñez Casal, Carmen Otero Loira, Ana Rial Iglesias, Mercedes Roig Sánchez-Agustino, Isabella Romero Estévez, Nuria Ruiz de Cortázar Senra, Eva Saldaña Loureiro, Mar Vázquez Serén, Adriana de Vicente Fuentes y Montserrat Virgós Soto.
As mozas foron chamadas unha a unha por megafonía para ocupar a pista de baile, acompañadas polos seus padriños. Desta maneira, cumprían o ritual de "presentarse en sociedade" da man de: Marcos Baroja García, Antonio Bermúdez Castro, Antonio Castro Hereder, Claudio Montiel Carracedo, Ramón Fernández Borra, Antonio Formigo Nieves, Julián Gago Gómez, Eduardo Gallego Cordeiro, Alberto García-Pombo Fernández, Sergio Manuel Gómez Amoedo, Jesús Gómez Viñas, Samuel González Piñeiro, Antonio Manuel López García, Agustín Martínez Fabelo, Jesús Martínez Juanes, José Mª Medina Filgueira, Mario Messina Moreno, Luis Núñez Desiré, Jaime Otero Domínguez, José Luis Rial Barros, Santiago Sánchez-Agustino Rodríguez, Luis Romero de Francisco, Luis Ruíz de Cortázar Díaz, Federico Saldaña Martín, Juan Vázquez Calderón, Manuel de Vicente Burgo y Andrés Virgós Pascual.
O baile foi amenizado pola Orquestra Chattanooga, na pista principal, dirixida polo mestre Leiva. Unha segunda pista foi habilitada para acoller unha selección de música da man do DJ Javier Pazos, rexistrando ambas as pistas un sensacional e divertido ambiente festivo.
Previamente, a cea foi o punto de encontro para un bo número comensais. En total, servíronse máis de 625 ceas. O menú para a ocasión constaba de: Brandada de pescada con doce de tomate e triscante de cebola, Langostinos sobre follas deluxe e vinagreta de laranxa, Medallón de peixe sapo con salsa verde de ameixas e Bombón de tenreira co seu mollo trufado, con sobremesa de Mousse de amorodos con nata á vainilla con triscante de frambuesa.
Como anfitrións, o presidente do Liceo Casino Jaime Olmedo e a súa xunta directiva, cos que se atopaban distintas autoridades vencelladas con Pontevedra. De entre eles cabe destacar a presenza do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, tras cinco anos de ausencia, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o xeneral xefe da Brilat, Antonio Romero Losada; o presidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, e o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez.
Relacionadas:
-
O Baile de Gala da Peregrina ponse de longo con 19 'debutantes' e milleiros de asistentes
Por Redacción |
-
Os socios opóñense ás obras propostas pola directiva do Casino na sede e A Caeira
Por Redacción |
-
Polémica entre os socios do Liceo Casino por unha operación de crédito
Por Oskar Viéitez |
-
O Liceo Casino recoñece medio século de fidelidade de catro socios
Por Redacción |
-
Os veciños queixáronse do ruído procedente do baile de gala do Liceo Casino ao que asistíu Rajoy
Por Redacción |
-
Mariano Rajoy, estrela do baile de gala do Liceo Casino seis anos despois
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
Preto de 4.000 persoas participan no Baile de Gala do Liceo Casino, con posta de longo de 17 mozas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Posta de longo de 16 mozas no Baile da Peregrina do Liceo Casino, que contou con 3.000 asistentes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
14 rapazas preséntanse en sociedade na tradicional posta de largo do Liceo Casino
Por Redacción |
-
O Liceo Casino celebra o Baile da Peregrina coa súa tradicional posta de largo
Por Redacción & Diego Torrado |