Marín contará con novos colectores de lixo
Por Oskar Viéitez
A nova concesionaria do servizo de recollida de lixo no Concello de Marín, a firma Recolte, procederá a renovar os actuais colectores. Este cambio xa foi avaliado, estudado e procedeuse ao seu encargo.
No prazo dun mes irase procedendo á substitución e estímase que en dous meses deberían estar todos cambiados.
O goberno local espera que os novos colectores ofrezan unha mellor imaxe e un mellor servizo.
Os novos colectores de residuos sólidos urbanos teñen máis litros de capacidade, ademais aumentará o número de colectores amarelos para a recollida de envases ou plásticos así como os de cartón e vidro.
A concelleira de medio ambiente, Marián Sanmartín, espera que este cambio supoña un "salto cualitativo importante" e que os veciños gañen en comodidade.
Relacionadas:
-
Adeus aos contedores de lixo soterrados na rúa Almuíña
Por Redacción |
-
Marín estreará en dous meses o novo sistema de colectores de lixo
Por Redacción |
-
A nova empresa de limpeza viaria de Marín inicia a súa actividade este martes
Por Oskar Viéitez |
-
Duras críticas do BNG á adxudicación do contrato de lixo a unha empresa que pagará impostos en Barro
Por Redacción |
-
O pleno de Marín abordará a concesión do servizo de lixo á empresa Recolte
Por Oskar Viéitez |