Maica Larriba, primeira muller que dirixe a agrupación local socialista
Por Mónica Patxot & Redacción
Maica Larriba García encabezaba a única candidatura que se presentaba á asemblea local do PSdeG-PSOE para liderar o proxecto socialista e a súa proposta foi apoiada polo 88% dos militantes nunha sesión que se celebraba na sede de Afundación e que se estendeu durante máis de catro horas.
Desta forma, a veterana socialista convértese na décimo segunda secretaria xeral da formación política en Pontevedra, substituíndo no cargo a Agustín Fernández. Ademais, a catedrática en Xeografía e Historia pasa a converterse na primeira muller que ostenta este cargo.
O novo equipo que dirixirá ao PSOE para os próximos comicios municipais está formado por 23 integrantes, con once mulleres e doce homes. O vicesecretario xeral será Roxelio Pérez Agulla e Agustín Fernández pasará a exercer de secretario de organización. O presidente de honra será o ex secretario comarcal de UXT, Benito Gama.
Nesta asemblea participaron 126 afiliados. Precisamente, un dos obxectivos que se marca a nova secretaria xeral é a de achegarse á cidadanía para incrementar o número de militantes.
Nesta cita tamén se aprobou o comité nacional, que estará liderado por Roxelio Pérez Agualla, e o comité provincial do PSdeG-PSOE, que tamén se atopará encabezado por Maica Larriba.
Relacionadas:
-
Maica Larriba toma posesión como subdelegada do Goberno en Pontevedra
Por Redacción |
-
Maica Larriba, nova subdelegada do Goberno en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Enrique Vaqueiro, novo coordinador xeral do Partido Socialista en Pontevedra
Por Redacción |
-
RADIO.- A Playlist: Maica Larriba, llegan nuevas experiencias y emociones con Mario
Por Marisa Ciordia |
-
O PSOE reármase na comarca para afrontar as municipais de 2019
Por Redacción |