A área sanitaria de Pontevedra atendeu 3.382.075 consultas o ano pasado
Por Redacción
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Jose Ramón Gómez Fernández, acompañado pola directora de Procesos Asistenciais, Sonia Fernández-Arruty Ferro e polo xerente executivo do Hospital do Salnés, Antonio Martínez Calvo compareceron este venres en rolda de prensa para dar conta da actividade do pasado ano 2017 que de xeito global mantívose estable nos centros de saúde e hospitais acadando as 3.382.075 consultas.
En 2017 incrementouse o número de ingresos hospitalarios, a expensas dos ingresos non programados. Así rexistráronse un total de 28.883 ingresos -23.796 no CHOP e 5.087 no Hospital do Salnés- cifras superiores ás do ano anterior.
A estadía media de hospitalización desta área en 2017 foi a máis baixa de Galicia, con 6,69 días de media -7 días no CHOP e 5,11 no Hospital do Salnés- e unha porcentaxe de ocupación hospitalaria do 75%.
En 2017 efectuáronse 23.807 intervencións cirúrxicas -4.794 no Hospital do Salnés e 19.013 no CHOP- das que preto dun 85% foron programadas.
A actividade global de Urxencias é outra variable relevante. Así, nos Puntos de Atención Continuada -PAC- atendéronse 205.747 urxencias, notable incremento con respecto a 2016, cando se atenderon 202.153. Destas urxencias un 7% foron derivadas aos centros hospitalarios da área sanitaria.
No que atinxe á actividade de Urxencias nos hospitais de Pontevedra e o Salnés, en 2017 contabilizáronse 133.200 urxencias -93.551 delas atendidas no CHOP e 39.649 no Hospital do Salnés-.
Así mesmo, o balance asistencial de 2017 amosa un alto volume de probas diagnósticas, chegando a realizarse: 26.910 TAC's, 9.651 resonancias magnéticas, 61.289 ecografías e 10.971 endoscopias.
Relacionadas:
-
"Recoñezo un problema: temos poucos médicos de familia en listas de contratación"
Por Oskar Viéitez |
-
Entregan no Concello un milleiro de firmas en defensa da sanidade pública en Marín
Por Redacción |
-
O Sergas destaca os tempos de resposta aos doentes nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Protesta na Peregrina en defensa da sanidade pública
Por Anxo Lourido |