Laureano Oubiña: "no compensa estar en la cárcel ni un solo día"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Laureano Oubiña xa non está a cumprir ningunha condena por narcotráfico. Este xoves 6 de setembro acudiu á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para estampar "la última firma" coa traballadora social que leva a liberdade condicional da última dos seus cinco condenas, despois de tres décadas pasando por varios cárceres españois.
Xa non ten ningunha conta pendente "ni con la Justicia ni con nadie. Yo he cumplido lo mío, he pagado y nada más", celebrou Oubiña.
O histórico traficante arousán dedicarase agora "a trabajar en lo que estoy haciendo: intentando vender libros y terminar el otro" un novo exemplar das súas memorias que xa ten escrito, "hace falta ponerle las últimas tropelías que he tenido, las últimas zancadillas" para que estea rematado.
O expresidiario acode estes días a mercados e festas populares para promocionar o seu libro e asinar os volumes que vende xunto a camisetas cunha caricatura súa debuxada por Gogue.
Aos seus 72 anos Laureano Oubiña dóese de que "pagué más cárcel por hachís y por blanqueo de capitales que ningún terrorista". Di que se volvese ter 20 anos "seguramente" non volvería facer o mesmo "porque no vale la pena, no lo haría no" xa que "no compensa estar en la cárcel ni un solo día". Estar en prisión "es un tiempo que no recuperas jamás".
"Yo abogo porque legalicen el hachís y todas las drogas" proclama un Laureano Oubiña convencido de que esa é "la única manera de terminar con el narcotráfico y todos los problemas que trae". E engade "lo que pasa es que no interesa legalizarlo" aínda que advirte de que "no les queda otra salida, meteros eso en la cabeza, lo dice este gilipollas pero es la verdad".
"Muere más gente de alcoholismo y tabaquismo que por el consumo de todas las drogas juntas", afirma Oubiña baseándose en "las estadísticas que están ahí y que no he inventado yo".
Desde a súa saída de prisión Oubiña viuse involucrado en máis dunha polémica, entre outras, denunciou a Carmen Avendaño por insinuar que o exnarcotraficante de haxix dedicouse a comerciar tamén con outras drogas e tamén anunciou unha querela contra a produtora da serie de televisión "Fariña" que cualifica de "sarta de mentiras".
A denuncia contra a nai coraxe perdeuno pero o arousán está disposto a chegar ao Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo co seu outra demanda contra a teleserie "yo no me conformo con el sistema judicial español ¿queda claro o no? Aunque me den la razón", sentenza.
Relacionadas:
-
Laureano Oubiña leva a xuízo aos creadores da serie "Fariña"
Por Redacción |
-
Pazo Baión, Vista Real, Casa Jaureguízar... De símbolo do poder dos 'narcos' a estar ao servizo do pobo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Laureano Oubiña asegura ao xuíz que Carmen Avendaño vulnerou a súa honra
Por Oskar Viéitez |
-
Laureano Oubiña, detido e posto en liberdade pouco despois en Vilagarcía
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Oubiña, molesto cunha escena da serie "Fariña" planteará accións legais
Por Oskar Viéitez |