O novo contrato das piscinas de Campolongo, sen trabas administrativas
Por Alejandro Espiño
Vía libre para a reforma e ampliación do centro deportivo municipal de Campolongo. O recurso que presentara a empresa Ferrovial contra o concurso de adxudicación das obras foi desestimado polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia.
Fontes municipais confirmaron a PontevedraViva esta resolución administrativa e aseguran que a empresa desistiu de continuar con esta reclamación.
Tras o rexeitamento deste recurso, que provocara a suspensión do concurso e a adxudicación do contrato a Servizo, o Concello poderá asinar o novo contrato coa actual xestora das piscinas nos próximos días.
Serviocio investirá 4,6 millóns de euros na reforma das instalacións, proxecto que supón aumentará a superficie actual ata os 4.335 metros cadrados e renovaranse todos os equipamentos, cun investimento adicional doutros 400.000 euros en material deportivo.
A obra inclúe a reforma das pistas deportivas exteriores, situadas na cuberta das instalacións, mellorarase a eficiencia enerxética de todo o complexo e reordenaranse todos os espazos, unha medida que incluirá a eliminación das pistas de squash e o aumento substancial no número de salas.
Pola xestión das piscinas, a empresa pagará ao Concello un canon anual de 60.000 euros. Ademais, está obrigada a manter todos os contratos cos traballadores anuais, reducirá o prezo dos abonos nun 2,5% e ampliará o seu horario de 6.45 a 23.30 horas.
Relacionadas:
-
Ultiman o plan de obras para a reforma das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
Así será o futuro complexo deportivo de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
As piscinas de Campolongo pecharán o "menor tempo posible" para a súa reforma
Por Alejandro Espiño |
-
Os procesos administrativos provocarán que a reforma das piscinas de Campolongo agarde a 2019
Por Anxo Lourido |
-
Recorren as adxudicacións do servizo da auga e das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Serviocio seguirá á fronte das piscinas de Campolongo os próximos vinte anos
Por Alejandro Espiño |