Novo plantón de Carmela Silva ao Parlamento ante os "ataques políticos" do PP
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este venres non comparecerá no Parlamento galego a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Carmela Silva anunciou nunha carta dirixida ao presidente da Cámara, Miguel Santalices, que non renderá contas ante a comisión de Economía para explicar os orzamentos do ente provincial para o 2019.
"A presidenta e o Goberno da Deputación só teñen o deber de dar conta e someter os seus proxectos, incluídos os orzamentos, ao pleno da administración provincial", subliña Carmela Silva.
É a segunda ocasión na que a presidenta da Deputación rexeita acudir á Cámara, unha decisión que xustifica nos "ataques políticos" do PP nas comparecencias de 2015 e 2016. Silva acusa á Xunta de "buscar a confrontación" no canto de tentar "o diálogo".
Silva acusa á Xunta de "buscar a confrontación" no canto de tentar "o diálogo"
A comparecencia dos presidentes das catro deputacións galegas atende a unha disposición adicional "totalmente incongruente" incluída na Lei de Acompañamento dos Orzamentos na que se recolle que a cámara autonómica "tomará coñecemento" dos orzamentos das administracións provinciais.
Os servizos xurídicos da Deputación entenden que esta norma "podería afectar ao dereito constitucional non exercicio do cargo público representativo".
O PP ACÚSAA DE NON COMPARECER PARA "EVITAR DAR CONTAS DO CACIQUISMO"
O deputado do grupo popular Alberto Pazos criticou a negativa da presidenta da Deputación de Pontevedra a comparecer no Parlamento para explicar os orzamentos do organismo provincial.
"Négase a comparecer, pero non porque defenda a autonomía local, senón para evitar dar contas sobre as tres liñas mestras da súa deputación: o caciquismo, o sectarismo e o abandono da cidadanía", acusou.
Segundo Pazos a actitude de Carmela Silva supón incumprir unha lei autonómica e o deber de colaboración entre administracións, ademais de desatender as peticións que lle fixo a oposición.
Relacionadas:
-
Carmela Silva tampouco presentará este ano no Parlamento galego as contas da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta un orzamento de 158 millóns de euros no que reduce a súa débeda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva: "Eu non son submisa e tampouco colaboracionista"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva: "Que quede claro á Xunta de Galicia que se acabaron os tempos de control da administración local"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva non irá ao Parlamento a presentar o orzamento da Deputación
Por Redacción |