En Marea cualifica de "vergoña" que o sector de elaborados do mar "non sexa capaz de garantir o salario mínimo"
Por Redacción
As deputadas de En Marea, Ángela Rodríguez e Yolanda Díaz, e o concelleiro de Marea Marín, Aarón Franco, cualificaron de "vergoña" que o sector de elaborados do mar "non sexa capaz de garantir o salario mínimo" e trasladaron o seu apoio á folga das traballadoras que demandan un novo convenio colectivo.
Os representantes de En Marea mantiveron este xoves unha reunión cun grupo de traballadoras de empresas do Porto de Marín.
Segundo a parlamentaria de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, "na historia das loitas obreiras en Galicia este caso é exemplar", destacando que esta é unha mobilización liderada por un sector feminizado.
Yolanda Díaz anunciou que presentarán no Congreso iniciativas para defender os seus dereitos laborais.
A delegada do sindicato Comisións Obreiras, Elena Ferradás, pediu comprensión á patronal "que se poña no lugar das traballadoras" que desempeñan a súa faena en "condicións penosas" con frío, humidade, baixo presión e ritmos de traballo "brutais".
Asegurou que "con este salario é moi duro chegar o fin de mes" polo que moitas delas teñen que buscar outros traballos de modo que "non hai conciliación nin vida privada".
Relacionadas:
-
Marea Marín presenta o tramo inicial da súa candidatura para as eleccións de maio
Por Redacción |
-
O sector de elaborados do mar convoca folga indefinida a partir do 15 de novembro
Por Redacción |
-
VIDEO.- Tres mulleres feridas durante a intervención policial contra un piquete no porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
As traballadoras dos elaborados do mar non ceden e volven parar o sector
Por Oskar Viéitez |