A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez
Xa fora para falar dos asuntos da comisión de urbanismo, como para dar conta dos fondos europeos, a tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, Carme da Silva, leva toda a semana repetindo aos xornalistas "lembrade que o 5 de decembro acéndese o alumeado de Nadal".
Todo o mundo entende que a concelleira quere quitarse o desgusto que levou o pasado ano co desastre da iluminación do Nadal e nesta ocasión móstrase confiada en quitarse esa espiña.
Tres días de traballo levou a montaxe da árbore da Ferrería aos operarios da empresa adxudicataria. Primeiro instalaron unha plataforma como base para o acceso do público ao interior e logo, en dous días, levantaron a estrutura cónica auxiliados por un guindastre.
O adorno sobresae por encima dos tellados das casas cos seus 30 metros de altura.
Desde logo, o que se esta vendo, aínda sen acender, está a ser ben valorado pola cidadanía que coincide en que isto ten mellor pinta. A árbore da Ferrería causou boa impresión a cantos a viron rematada este sábado.
Aínda que sempre hai quen quita punta a todo e xa circulan polos grupos de WhatsApp un chiste coa imaxe da bola de seis metros de altura na confluencia de Peregrina con Daniel de la Sota.
Sen dúbida, as comparacións son odiosas e este ano en "our Christmas" á Boa Vila puxéronllo un pouco difícil.
Relacionadas:
-
Unha rampla para público de todas as idades proxecta unha chea de actividades para este Nadal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP critica a carencia de iluminación do Nadal nos barrios e parroquias
Por Redacción |
-
Poio acenderá a iluminación do Nadal o mércores 5 de decembro
Por Redacción |
-
Pontevedra acenderá o 5 de decembro a iluminación de Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha árbore de 30 metros na Ferrería, principal adorno da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra gastará 122.000 euros en iluminar a cidade para o Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
O loro Ravachol vístese de árbore de Nadal e aconsella a Lores que deixe de ser "aforrica"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A iluminación do Nadal "non cumpre as expectativas" e provoca unha queixa oficial do Concello
Por Diego Espiño |