A Exposición Internacional Canina consolídase na súa segunda edición
Por Redacción
A Exposición Canina Internacional de Ponte Caldelas logrou consolidarse despois de só dúas edicións.
O evento organizado polo Concello e o Kennel Club España comezou este sábado con dous certames monográficos centrados nas razas bulldog e stattfordshire, e este domingo celebra a competición xenérica coa participación de exemplares de razas pouco comúns.
En total inscribíronse na exposición internacional máis de 300 cans chegados desde diferentes países europeos.
A competición, que ten como sede o pavillón municipal, conta con catro xuíces internacionais (tres ingleses e unha xuíza rusa) encargados de valorar a todos os participantes.