Máis soldados pontevedreses irán a Afganistán
Por Natalia Puga
ENVIADA ESPECIAL A ASTURIAS. A Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) prefire non falar de cifras exactas, pero PontevedraViva puido saber que o continxente militar de arredor de mil efectivos que enviará a Afganistán a partir da próxima semana terá máis achega pontevedresa da que saira a relucir inicialmente.
O coronel Fernando González García-Valerio, xefe do Rexemento Rilat Príncipe 3 con base en Cabo Noval (Sieiro-Asturias) estará ao mando do continxente e confirmou que o Batallón de Manobra, sobre o que se conforma o groso da Forza, se basea no acuartelamento asturiano, pero o global dos efectivos que se irán á zona serán metade e metade entre os militares con sede en Figueirido e os do seu asentamento na comunidade veciña.
Estes datos saíron a relucir apenas unhas horas antes de que hoxe, 19 de outubro, a base de Cabo Noval acolla o acto de despedida oficial do continxente ASPFOR XXXII, a sexta misión que, asumirá a Brilat en Afganistán, que estará presidido polo xefe da Forza Terrestre, o tenente xeral José Ignacio Medina Cebrián.
Os efectivos que se desprazarán a zona estarán ata hoxe en fase de concentración divididos entre Figueirido e Cabo Noval, con medio millar de soldados en cada un dos acuartelamentos, de forma que no acto de despedida tan só estará a metade da Forza a despregar.
O continxente comezará o despregamento a partir da próxima semana, tal e como estaba previsto, e rematará en Afganistán a mediados de novembro. Alí asumirán, na provincia de Badghis, e con base en Qala i Naw, unha misión con dous retos diferentes á anterior: serán os primeiros en pasar en zona seis meses e os que teñan que asumir o inicio do repregamento da presenza española en Afganistán, que seguindo directrices da OTAN abandonará o país asiático en 2014.
Relacionadas:
-
A Brilat toma o mando en Afganistán nun punto de non retorno da misión
Por Natalia Puga |
-
Un tenente da Brilat, ferido leve en Afganistán
Por Natalia Puga |
-
Case 700 militares da Brilat xa están en Afganistán
Por Natalia Puga |
-
O primeiro avión con soldados da Brilat pon rumbo a Afganistán
Por Natalia Puga |
-
A Brilat empeza unha "misión que sabemos que no va a ser fácil, va a ser larga"
Por Natalia Puga |
-
A Brilat concéntrase en Figueirido e Asturias para ultimar a misión de Afganistán
Por Natalia Puga |
-
O Xefe do Estado Maior do Exército destaca o "excelente nivel de preparación" da Brilat
Por Natalia Puga |