Denuncian unha sabotaxe no Dúatlon de Poio con chinchetas no percorrido
Por Alejandro Espiño
A Policía Local de Poio investiga a grave sabotaxe que sufriu o Dúatlon de Poio, cuxa primeira edición celebrouse o pasado domingo en Lourido e Campelo. Numerosas chinchetas apareceron sutilmente colocadas no percorrido.
Tres dos participantes sufriron picadas nas súas bicicletas e tiveron que abandonar a proba.
Segundo a Policía Local, as chinchetas estaban en diversos puntos do trazado, entre eles a Avenida da Praia, por onde discorría a proba en bicicleta; e en Pai Avelino, por onde pasaba a carreira a pé.
As autoridades advirten que este acto está tipificado no Código Penal como un delito contra a seguridade viaria, castigado con penas de prisión de ata dous anos.
Ademais, os autores enfróntanse a unha multa de ata 24 meses e traballos en beneficio da comunidade durante 40 días.
Polo momento non se identificou ao autor dos feitos, aínda que os investigadores manexan xa certos indicios que pode levar á localización da persoa autora do delito e dos seus supostos colaboradores.
A Policía Local fai un chamamento para que se algún veciño ten información sobre esta sabotaxe póñanse en contacto con eles.