Finalizan as obras de asfaltado do vial Ponte Caldelas-A Fraga
Por Redacción
A empresa adxudicataria das obras de ampliación e mellora a estrada PO-255 ponte Caldelas-Caritel-A Lama acaban de finalizar os traballos de asfaltado e reposición de novo pavimento no vial que une a vila co lugar da Fraga e o seu límite co municipio da Lama.
Esta obra, realizada nun vial de titularidade municipal, foi levada a cabo sen custo ningún para o Concello de Ponte Caldelas dentro do acordo subscrito entre o conselleiro de Medio Territorio e Infraestruturas (MATI) e o Alcalde, Perfecto Rodríguez, mediante o cal se desviaría por el todo o tráfico da P0-255 mentres se procedían a executar os traballos de ensanche e mellora da estrada que comunica o centro da vila coa Lama e coas parroquias de Caritel e Forzáns.
O Alcalde de Ponte Caldelas mostrara a súa satisfacción por este acordo xa que supoñía non só a mellora dun vial que comunica a este municipio co veciño da Lama polo núcleo da Fraga, senón que o resultado permite aos veciños da zona contar con mellores infraestruturas e gáñase en seguridade vial.
Durante meses os veciños da Fraga tiveron que soportar as incomodidades do intenso tráfico desviado e agora recuperan a normalidade, renovándose por completo as condicións deste vial que foi agora asfaltado na súa totalidade e será obxecto do repintando e sinalización para mellorar tamén a seguridade vial na zona.
Con anterioridade xa procedérase ao asfaltado do tramo entre A Fraga e A Lama e agora cúmprese co compromiso asumido de renovar e reforzar por completo a capa de rodadura existente no anaco entre A Fraga e o entroncamento coa PO-255 na recta de Pazos, que tamén se atopa nos seus últimos trámites de execución.
Relacionadas:
-
Fochancas e cunetas con terra e pedras na PO-255 causan malestar en Ponte Caldelas contra a Xunta
Por Redacción |
-
Agustín Hernández inaugura a estrada que non puido coa píntega rabilonga
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas mellora a imaxe da entrada á vila
Por Redacción |
-
Un proxecto de I+D examina a seguridade da estrada Ponte Caldelas-Forzáns
Por Redacción |