Escolares do CEIP Xunqueira 1 coñecen como se composta no campus universitario
Por Redacción
Escolares de cuarto curso de Primaria do CEIP Xunqueira 1 coñeceron este xoves de primeira man como o lixo orgánico (restos de comidas e vexetais) se converte en compost durante unha visita a un dos centros de compostaxe instalado do campus universitario de Pontevedra.
Os escolares recibiron explicacións do persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación e do Concello de Pontevedra, que falaron de todo o proceso da compostaxe, dende a separación do lixo na cociña, a como se fan as achegas ao composteiro e se tapan co estruturante, pasando polo traballo dos mestres composteiros que controlan que non haxa ningún problema.
O alumnado leva meses en contacto cos procesos de compostaxe. Xa realizaron obradoiros e xogos no seu centro educativo co fin de familiarizarse con este modelo de xestión de residuos. Unha das últimas actividades que realizou o alumnado foi un obradoiro denominado 'Quen vive aí?', onde coñeceron a microfauna que habita nos composteiros e que participa na descomposición dos restos orgánicos do lixo para facer un bo compost.
A Deputación de Pontevedra realiza estas actividades nos centros escolares da provincia da man do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, dentro do Plan Revitaliza.
Relacionadas:
-
Escolares do CEIP San Tomé de Cambados comproban como nace unha miñoca e o seu labor para crear compost
Por Redacción |
-
A axencia europea "Zero Waste Europe" estuda en Pontevedra o plan de compostaxe da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Alumnos do CEIP Xunqueira I aprenden cos bichos da compostaxe
Por Redacción |