Modifican o horario de poxa na Lonxa de Marín para facilitar a asistencia de compradores
Por Redacción
A Autoridade Portuaria do Porto de Marín e Ría de Pontevedra atrasará ata as 6:00 horas da mañá o inicio da poxa de baixura e cerco co obxectivo de facilitar a asistencia de máis compradores á lonxa.
Aténdese así unha petición realizada polo sector, ao considerar que con este novo horario que entra en vigor a partir do 21 de maio pódese contribuír a revitalizar as vendas xa que non se produciría parón entre a poxa de baixura e da litoral, que empeza ás 6:30 horas.
A Autoridade Portuaria tratou cos diferentes axentes implicados sobre a conveniencia desta modificación horaria.
Tras unha reunión con representantes do sector e tras realizar consultas aos principais compradores en lonxa, concluíuse que había unha opinión favorable ao citado cambio horario, opción que contemplan as Normas Reguladoras da Lonxa do Porto de Marín.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín sustituirá a cuberta da lonxa
Por Redacción |
-
O porto de Marín aproba a sede electrónica
Por Redacción |
-
Intensifícase a campaña de descargas de pesca conxelada no porto de Marín
Por Redacción |
-
Non haberá polbo galego fresco ata o 1 de xullo
Por Redacción |
-
Unha delegación do goberno de Alxeria visita o Porto de Marín
Por Redacción |