Carmela Silva di que o rexedor de Vilanova debería ter "o título de alcalde da barbarie"
Por Manu Otero
Despois de que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán (PP), se reafirmara en cualificar a Carmela Silva como a "chacha para todo" do alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE), a presidenta da Deputación preferiu gardar silencio e evitou valorar as palabras do rexedor ao que xa denunciou ante a xustiza no momento no que se referiu a ela neses termos por primeira vez.
Tras comparecer perante o maxistrado como investigado por un delito de inxurias, Durán asegurou que non se arrepinte das súas verbas, aínda que matizou que o que quixo dicir é que "lle fai o traballo sucio ao alcalde vigués".
O único cualificativo que dedicou a mandataria socialista ao mandatario vilanovés é que "debería ter o título de alcalde da barbarie". Logo, Silva preferiu non seguir falando sobre o tema para " non ser cómplice de ataques machistas".
Relacionadas:
-
Condenado o alcalde de Vilanova por chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Vilanova chama "presunta delincuenta" a Carmela Silva e a denunciará pola paralización de varios proxectos
Por Oskar Viéitez |
-
O xulgado ordena continuar a causa contra o alcalde de Vilanova por llamar "chacha para todo" a Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Durán reafírmase en chamar "chacha para todo" a Carmela Silva por facer o "traballo sucio" a Abel Caballero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |