O alcalde de Vilanova chama "presunta delincuenta" a Carmela Silva e a denunciará pola paralización de varios proxectos

Por Oskar Viéitez
O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, anunciou a súa intención de presentar unha nova denuncia penal contra a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva á que chamou "presunta delincuenta" pola paralización das obras de mellora da estrada provincial EP-9701 que comunica Baión con András.
Este proxecto estaba comprometido polo anterior presidente provincial Rafael Louzán, do mesmo xeito que os da estrada que une Mosteiro e Arcos ou diversas melloras en viais de Moraña ou Cercedo-Cotobade.
Para o popular Gonzalo Durán detrás da paralización destes traballos atópase unha "trama corrupta" do goberno provincial que desviaría eses fondos para o Concello de Vigo. "La presunción de que son unos delincuentes está clara", asegurou.
O rexedor vilanovés denunciará á presidenta e "a quienes hayan sido cómplices de ese comportamiento", dixo en referencia aos funcionarios que supervisan os proxectos.
"Hay que saber si estamos gobernados por delincuentes. Chavistas ya lo sabemos, delincuentes lo sabremos ahora", dixo este luns en rolda de prensa.
"Va a tener que entrar la Guardia Civil en la Deputación a buscar los papeles", advertiu o alcalde de Vilanova de Arousa.
Despois de chamar á presidenta da Deputación de "chacha para todo", agora Durán Hermida afirma que Carmela Silva é unha "presunta delincuenta" e insinúa a existencia dun delito de prevaricación.
O grupo provincial do Partido Popular apoiou a Gonzalo Durán nesta denuncia ofrecéndolle "toda a colaboración" e o portavoz popular na Deputación, Jorge Cubela tamén acusou ao goberno provincial de "sectarismo político" e de "falta de honradez".
O PP pedirá unha comisión extraordinaria en Deputación para tratar este asunto.
Relacionadas:
-
Gonzalo Durán considera que a súa condena é "un atentado total y absoluto a la libertad de expresión"
Por Oskar Viéitez |
-
Condenado o alcalde de Vilanova por chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno provincial critica o "uso intolerable" que fai o Partido Popular dos medios xudiciais
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva enmarca os "insultos" do alcalde de Vilanova nunha "estratexia" ideada por Núñez Feijóo e Alfonso Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva di que o rexedor de Vilanova debería ter "o título de alcalde da barbarie"
Por Manu Otero |
-
Gonzalo Durán reafírmase en chamar "chacha para todo" a Carmela Silva por facer o "traballo sucio" a Abel Caballero
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A xuíza cita como investigado a Gonzalo Durán por chamar "chacha para todo" a Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |