Ons e Sálvora, unidas por primeira vez nunha ruta marítima
Por Redacción
As illas Ons e Sálvora estarán unidas este verán por primeira vez por un roteiro marítimo que permitirá aos visitantes coñecer nun mesmo día estes dous arquipélagos que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A primeira saída terá lugar o sábado 29 de xuño e daráselle continuidade durante todo o mes de xullo con viaxes programadas para os días 14, 18, 21, 25 e 28 con partida desde os portos de Portonovo e Bueu.
Nestas excursións impulsadas pola Naviera Nabia, os participantes poderán gozar dos areais e atractivos naturais de Ons pola mañá e, pola tarde, ás 15.15 horas, partirán cara Sálvora para realizar un percorrido guiado pola illa menos coñecida do parque nacional.
Durante a visita, terán a oportunidade deconocer a súa historia, que comeza a finais da Alta Idade Media, época durante a que chegou a ser empleadan como campamento basee de ataques de viquingos e sarracenos. Descubrirán tamén os restos do almacén, a fábrica de secado e salgadura de peixe que se instalou na illa no século XVIII.
Entre o seu patrimonio arquitectónico, ademais dunha aldea despoblada, destaca a presenza de hórreos, a fontes, o faro, o Pazo de Goyanes ou a escultura da Sirena de Sálvora.
As reservas para participar neste roteiro xa poden realizarse a través da páxina web da naviera Piratas de Nabia, no teléfono 986 32 00 48 ou nos despachos de billetes Nabia situadas nos cinco portos nos que opera.
Relacionadas:
-
Propoñen estender a tempada alta de visitas ás Illas Atlánticas ata o 15 de outubro
Por Redacción |
-
Abre o primeiro hotel de insectos do Parque Nacional Illas Atlánticas
Por Oskar Viéitez |
-
Piden maior seguridade no Burato do Inferno e o peirao de chegada á Illa de Ons
Por Redacción |
-
Cada 'colono' de Ons terá seis pases diarios para familiares ou amigos
Por Redacción |