A rúa Rouco, en obras
Por Redacción
A rúa Rouco xa está en obras. Desde este luns sumouse a outras catro zonas da cidade na que se están a acometer reformas urbanas: Gorgullón, Echegaray, Lepanto e a ponte do Burgo.
En concreto, a empresa adxudicataria da obra, E.C.Casas, puxo en marcha na mañá deste luns o traslado de material necesario para o inicio dos traballos. O seguinte paso será a demolición de beirarrúas.
O inicio das obras non supuxo ningunha afección ao tráfico rodado por esta rúa moi utilizada para saír da cidade desde a praza de Barcelos. En principio, non está previsto realizar cortes de circulación durante esta reforma.
A reforma foi adxudicada por 167.593,16 euros e ten un prazo de execución de catro meses, que se podería reducir para tratar de axustarse ao inicio do curso escolar o próximo mes de setembro. Así, a primeira parte da rúa que se reformará será a máis próxima ao colexio de Barcelos.
O proxecto contempla a reordenación da rúa, redistribuíndo os espazos destinados á mobilidade peonil para garantir a seguranza peonil nas entradas e saídas do alumnado ao colexio. Trátase esta dunha petición realizada pola asociación de nais e pais (Anpa) do centro.
Como resultado destes traballos, a beirarrúa actual pasará de tres a cinco metros de ancho, manterase só unha liña de estacionamento e procederase á eliminación das barreiras arquitectónicas.
Relacionadas:
-
A pegada de Neil Armstrong coroa a reforma urbana da rúa Rouco
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Campo da Torre e San Roque, próximos obxectivos da reforma urbana
Por Alejandro Espiño |
-
O achado duns ósos obriga a atrasar as obras da rúa Rouco
Por Alejandro Espiño |
-
Tres días desta semana haberá cortes de tráfico na rúa do Rouco e en Barcelos para conectar as pluviais
Por Redacción |
-
As obras de reforma do Rouco obrigan a cortar a rúa durante dous días
Por Redacción |
-
A rúa Rouco, en obras a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma da rúa Rouco interesa a 23 empresas
Por Redacción |