Os populares quéixanse de que os aseos públicos da praia da Calzada estean pechados
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Ponte Caldelas expresou a súa queixa porque o chiringuito e os baños públicos da praia fluvial da Calzada se atopan pechados en plena campaña estival.
Os populares lembran que a praia fluvial da Calzada é a primeira de España en dispor de Bandeira Azul polo que consideran unha "falla de previsión por parte do Concello" que o chiriguito permaneza pechado durante a temporada estival "ao non ser quen de ter resolto o concurso axeitadamente".
O PPdeG sinala que "o feito de sacar tan tarde a concurso a concesión e atoparse agora con este problema deixa moi pouco marxe de manobra para resolver unha grave situación".
En canto á apertura e salubridade dos baños, o PPdeG insistirá no vindeiro Pleno na necesidade de garantir este servizo aínda que só sexa por cuestións de índole sanitaria ao tempo que inflúa positivamente en manter o distintivo de calidade europeo que otorga a Bandeira Azul.