ÿxito das ludotecas municipais de verán: só quedaron vacantes 18 das súas 1.200 prazas
Por Redacción
Tan só 18 das 1.200 plazas das ludotecas municipais de verán quedaron sen cubrir. ÿ a mostra, segundo o concelleiro de Educación, Agustín Fernández, do éxito dunha iniciativa que se consolida este verán "como a principal oferta lúdico-educativa para conciliar a vida familiar e laboral" do Concello de Pontevedra. En concreto, comezaron este luns cunha ocupación do 98,5% das prazas ofertadas.
Un ano máis, a ludoteca que ten como base o colexio de Campolongo é a que rexistra a maior afluencia, seguida polas de Barcelos (con actividades en inglés), Vidal Portela e Marcos da Portela. Entre as do rural destaca a do colexio Vilaverde, aínda que tamén en Ponte Sampaio, Xeve e Cabanas (Salcedo) houbo moi boas cifras de reservas.
Gran parte do éxito da convocatoria da Concellería de Educación radica tamén, segundo Agustín Fernández, no esforzo realizado para abaratar o custo das matrículas en cinco euros para deixar a inscrición por quincena nas ludotecas urbanas en 30 euros e nos 20 euros nas do rural.
O concelleiro destacou a intensa colaboración da Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra), sen cuxa participación "sería moi complicado poder ofrecer un operativo tan amplo e axustado ás necesidades que se foron detectando nos últimos anos". O edil destacou o esforzo para que ninguén quede fóra da proposta municipal e por apoiar ás economías familiares especialmente en época de recortes sociais.
A oferta está aberta durante os meses de xullo e agosto a rapaces de entre 3 e 12 anos escolarizados e empadroados no municipio de Pontevedra. As ludotecas xiran ao redor de dúas propostas temáticas diferenciadas: A volta ao Mundo para os rapaces do centro urbano e Pequenos científicos, para os do rural.
Relacionadas:
-
As ludotecas das Escolas de Nadal amplíanse ás parroquias
Por Redacción |
-
Unha festa na Illa das Esculturas porá fin a unhas Ludotecas de Verán nas que participaron máis de 1.300 nenos
Por Redacción |
-
Máis nenos e prezos máis baratos, principais novedades das ludotecas de verán
Por Alejandro Espiño |