Un informe do Areeiro recomenda eliminar sete piñeiros en Punta Vicaño pola súa perigosidade
Por Redacción
Un informe realizado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro difundido este mércores polo Concello de Sanxenxo recomenda eliminar sete piñeiros do parque de Punta Vicaño, en Sanxenxo, polo risco que supoñen para as persoas.
O Areeiro realizou este informe a petición do Concello, que o pasado mes de outubro púxose en contacto co organismo para pedir a súa opinión sobre estas árbores pegadas ao litoral.
O persoal do servizo de emerxencias e a técnica da concellería de Medio Ambiente de Sanxenxo xa recomendaran esa eliminación, pero o Concello decidiu pedir tamén a opinión dos especialistas da estación fitopatolóxica.
Respecto diso, o Concello destaca que se trata de árbores moi altas e con escasa copa que son moi vulnerables ante calquera temporal. De feito, en agosto xa caeu un piñeiro (vese na foto que acompaña esta información) que estaba nas mesmas condicións que os que agora se van a eliminar.
O Concello anunciou que, ademais deses sete piñeiros, cortarán dúas acacias cuxas raíces invadiron o camiño principal do parque, levantando o chan e prexudicando a mellora deste acceso prevista no proxecto de mellora que se está realizando en Punta Vicaño.
Relacionadas:
-
Sanxenxo proxecta novas actuacións no parque de Punta Vicaño
Por Redacción |
-
As obras no parque de Punta Vicaño avanzan a "bo ritmo"
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilita un estanque para atraer aves e anfibios a Punta Vicaño
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo construirá un estanque de 80 metros en Punta Vicaño
Por Manu Otero |
-
A plantación de árbores en Punta Vicaño está a piques de terminar
Por Redacción |
-
Sanxenxo plantará 78 novas árbores no parque de Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Piden que o parque de Punta Vicaño sexa catalogado como Zona Protexida Forestal
Por Redacción |