O Nadal faise xa visible en Pontevedra
Por Redacción
Non só comercios de decoración ou agasallos amosan xa que o Nadal está moi preto. A cidade mesma comeza a engalanarse para lucir as súas mellores galas durante as próximas festas.
Así, operarios da empresa Porgesa xa están a instalar as luces que iluminarán o centro da cidade durante o Nadal pontevedrés.
A primeira das rúas que xa ten colgados os arcos de iluminación é Gutierrez Mellado e dende ese punto estenderase a todo o centro da cidade e tamén os barrios durante as vindeiras semanas.
A inauguración deste alumeado está prevista, como todos os anos, para o 5 de decembro cunha gran festa na praza da Ferrería.
A colocación dos arcos e soportes da decoración de Nadal forma parte do contrato municipal de iluminación que, ademais do Nadal, incluíu as Festas de Verán 2019 e 2020 e o Entroido do próximo ano. O custo global é de 200.255 euros.
Os criterios de adxudicación e de licitación foron a aplicación de novas tecnoloxías, a sustentabilidade das luces instaladas e a súa estética.
Relacionadas:
-
Catro árbores, dúas bólas xigantes e "máis luces": así será a iluminación do Nadal da Boa Vila
Por Diego Espiño |
-
Piden que luces e adornos de Nadal cheguen aos barrios e ás parroquias
Por Alejandro Espiño |
-
Plantan por erro na Ferrería a árbore de Nadal de Curros Enríquez
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello promete unha iluminación "digna" e sen "despilfarros" no próximo Nadal
Por Alejandro Espiño |