Dez cooperativas de oito centros de educación secundaria participan en "DepoEmprende na ESO"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O Pazo da Deputación de Pontevedra acolleu este martes o acto de entrega dos NIF ás 10 cooperativas dos 8 centros de educación secundaria da provincia seleccionados para participar na actual edición de "DepoEmprende na ESO", na que participan máis dun centenar de mozos de 8 concellos da provincia.
Na presentación dos proxectos, o alumnado participante recibiu o saúdo en vídeo da presidenta da Deputación, Carmela Silva, no que puxo en valor a cultura emprendedora e destacou a calidade dos traballos.
A xornada incluiu a presentación das cooperativas ás que lles foron entregados os NIF. Para finalizar o acto, o alumnado dos institutos participantes puideron facer unha visita guiada polo Pazo Provincial e, no Salón de plenos, "A Saco Circo" ofreceu un espectáculo de acrobacias e malabarismos no que todo o público participou de forma activa.
Participan os IES Illa de Ons de Bueu; o IES a Paralaia de Moaña; IES de Rodeira de Cangas; IES Luis Seoane de Pontevedra; IES Illa de San Simón de Redondela; IES Indalecio Pérez Tizón de Tui; instituto Manuel García Ramos da Estrada e o IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar.
Nas cooperativas destacan valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a non discriminación e, amais, os alumnos sinalaron que parte dos beneficios recadados cos seus proxectos serán doados a diferentes ONGs.
O proceso para o desenvolvemento das cooperativas comeza coa constitución e continúa coa imaxe corporativa e logotipo, o estudo de mercado, a procura de provedores, a busca de financiación, o deseño de catálogo e produtos, a determinación dos prezos, as canles de distribución, a publicidade, a preparación da venda, o marketing, o mercado final da Deputación e, por último, a análise dos resultados.
Relacionadas:
-
Un mercado solidario rexentado por estudantes pon o broche de ouro ao sétimo "Depoemprende na ESO"
Por Redacción |
-
Un proxecto escolar con compromiso social enche de enerxía xuvenil a contorna do Mercado de Abastos
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
A Deputación entrega os seus premios ao emprendemento nas aulas
Por Redacción |
-
O CIFP Carlos Oroza e o IES Montecelo, premios Demo day de "Depoemprende na FP"
Por Redacción |
-
A Deputación xestiona 15 programas europeos cun investimento global de 24 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Nacho Fuentes |
-
Carmela Silva anima ás nenas de Pontevedra a chegar a ser "todo o que soñedes"
Por Alejandro Espiño & Victoria Regueira |
-
Un proxecto do IES Johan Carballeira, premiado no certame Depoemprende
Por Oskar Viéitez |