Cada día 14 pontevedreses son 'cazados' baixos os efectos do alcohol
Por Oskar Viéitez
A coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galicia, Victoria Gómez Dobarro, deu a coñecer os datos sobre os controis de alcoholemia practicados pola Garda Civil no primeiro semestre deste ano, e lamentablemente, sitúan á provincia de Pontevedra á cabeza por condución baixo os efectos do alcohol.
Os axentes da DXT denunciaron en Pontevedra 2.457 condutores, o que supón o 39,6% do total de denunciados en Galicia. Na Coruña foron interceptados neste mesmo período 2.153 (34,7%), en Ourense foron un total de 1.084 os denunciados e en Lugo, 501.
Igualmente no caso dos positivos por consumo doutras substancias, das 131 denuncias interpostas na comunidade 53 corresponden a condutores de Pontevedra, 45 a automobilistas da Coruña, 28 de Ourense e os 5 restantes de Lugo.
Para mentalizar os condutores dos riscos que se asumen ao conducir baixo os efectos do alcohol un grupo de voluntarios da Asociación de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos (Aspaym) intenta concienciar outros condutores participando xunto aos axentes da Garda Civil nalgúns dos controis postos posto en marcha esta semana no marco dun dispositivo especial de vixilancia.
Relacionadas:
-
Lesionados medulares de Pontevedra conciencian aos condutores nos controis de alcoholemia
Por Redacción |
-
Tráfico intensifica os controis de alcoholemia coincidindo coas comidas e ceas de Nadal
Por Redacción |
-
María Isabel Alonso de Linaje Calzada é a nova xefa provincial de Tráfico
Por Redacción |
-
Un condutor bébedo e co carné retirado polo xuíz intenta subornar a Policía para evitar unha sanción
Por Natalia Puga |
-
Dúas de cada tres persoas 'pilladas' conducindo drogadas consumiran cannabis ou cocaína
Por Alejandro Espiño |
-
Home de 35 a 49 anos, retrato tipo do pontevedrés que conduce baixo os efectos do alcohol
Por Alejandro Espiño |