Os pontevedreses gastamos uns 61 euros na lotería de Nadal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O gasto medio dos pontevedreses no Sorteo Extraordinario de Nadal do 22 de decembro situouse ao redor dos 61 euros por habitante, segundo datos estimativos de Loterías e Apostas do Estado, que aínda non achegou o dato definitivo. A media nacional foi de 68 euros.
A consignación correspondente á provincia de Pontevedra foi de 290.387 billetes, valorados en 58 millóns.
Para este sorteo, a nivel estatal consignáronse case 16 millóns de billetes -15.997.143,5--, cun valor de 3.199.428.700 euros. En Galicia, son un total de 929.399 os billetes consignados, valorados en 185,8 millóns de euros.
Os números impares seguen estando, por outra banda, entre os preferidos polos compradores e este ano no que se solicitaron, especialmente, as terminacións acabadas en 19, coincidindo co ano que acaba.
Na cidade do Lérez caeu o Gordo en dúas ocasións, igual que ocorreu en Vigo. Bueu, A Estrada, O Rosal, Poio, Redondela e Sanxenxo son outros dos municipios onde recaeu tamén.