Os máis pequenos de Marín volverán recibir o ano doce horas antes
Por Redacción
Os máis pequenos de Marín volverán ter oportunidade este ano de recibir o novo ano 2020 doce horas antes da medianoite. A partir das 12.00 horas do mediodía, celebrarase unha Festa de Fin de Ano Infantil na Alameda.
Como xa é habitual, celebrarase unha festa con recreación do momento de tomar as doce uvas acompañando as badaladas. O Concello de Marín repartirá, ademais, cotillón e haberá música para amenizar a festa.
Pola tarde, a partir das 18.30 horas, a rapazada recibirá a visita do Apalpador na carpa de artesáns da Alameda e haberá unha chocolatada con churros.
Xa pasada a noite de Fin de Ano, o día 1 de xaneiro, organizarase na Casa de Cultura de Seixo o Baile de Aninovo. Será ás 20.00 horas e contará coa actuación do Trío Innovacións 2019.
Esta actividade está organizada pola Asociación de Comerciantes de Seixo (Acemas) e polo Concello de Marín e terá entrada libre ata completar aforo.
Relacionadas:
-
Todo preparado na Boa Vila para recibir os anos vinte
Por Oskar Viéitez |
-
Nadal polos catro custados en Poio
Por Redacción |
-
Quedada popular en Poio para unha benvida adiantada a 2020 con chocolate e música
Por Redacción |
-
Sanxenxo celebrará o fin de ano por adiantado con uvas e a queima de calendarios
Por Redacción |