Froiz consegue agrupar as parcelas para o seu novo centro loxístico no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez
O Diario Oficial de Galicia (DOG) e o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicaron este martes un anuncio do Concello de Barro coa aprobación definitiva da agrupación das parcelas solicitada pola empresa Distribucións Froiz para o seu novo centro loxístico no polígono de Barro.
Trátase da publicación do acordo do Pleno do Concello de Barro que, en sesión de data 27 de novembro de 2019, aprobou definitivamente o estudio de detalle das parcelas D-01 a D-10 do plan de sectorización no polígono de Outeda-Curro.
O obxecto deste estudo de detalle é permitir a agrupación de parcelas a fin de obter unha de maiores dimensións. Así mesmo, co propósito de atender ás necesidades de loxística e a importancia que terá o tráfico de camións dentro da parcela, preservarase unha zona exclusiva para a circulación e manobras de camións dentro da parcela na contorna do viario sur da mazá.
O reaxuste de aliñacións ten a finalidade de situar na agrupación de parcelas unha zona estrita para o tráfico de camións e manobras de carga e descarga, reservando o resto da ocupación para o desenvolvemento das edificacións.
A empresa Distribuciones Froiz pretende obter un aproveitamento racional da mazá xa convertida nunha única parcela.
Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el caben dúas vías: un recurso de reposición ante o pleno do Concello de Barro no prazo dun mes; ou un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no prazo de dous meses.
Relacionadas:
-
Froiz e EDF Solar formalizan a adquisición dos terreos no Polígono de Barro
Por Redacción |
-
Barro concede licencia de primeira ocupación para a nave de conxelados de Froiz
Por Redacción |
-
Mafari Café compra tres parcelas no polígono de Barro para montar o seu centro loxístico
Por Oskar Viéitez |
-
Abre o prazo para participar na quinta edición do coworking de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
A nova nave de Froiz, primeira en España con autoconsumo fotovoltaico de última xeración
Por Redacción |
-
As obras da nave Froiz en Barro avanzan a gran ritmo
Por Redacción |
-
O Concello de Barro asumirá a titularidade das infraestruturas do polígono empresarial
Por Oskar Viéitez |